Lowi incorpora Disney+ aos seus plans de fibra e móbil

martes, 4 de marzo do 2025 Marcus Fernández

O operador de baixo custo de Vodafone, Lowi, está a incorporar Disney+ nos seus plans de fibra e móbil (deixando de ofrecer Amazon Prime Video), partindo dunha tarifa de Fibra Fit de 300 Mbps e 35 GB de datos móbiles co plan estándar con anuncios de Disney+ por 25 euros/mes. Por 31 euros/mes teriamos Fibra Fit de 600 Mbps e 80 GB de datos móbiles, e por 40 euros/mes a velocidade da fibra quedaría en 300 Mbps pero teríanse 2 liñas con 35 GB de datos móbiles, como exemplo do que se pode contratar.
Se accedemos ao configurador de tarifas de Lowi podemos coñecer mellor como funciona a incorporación de servizos audiovisuais ás ofertas de fibra e móbil: a oferta da compañía consiste nun incremento de 5 GB nos datos móbiles ao contratar Netflix ou Disney+, e logo realizar un desconto de 0,99 euros por cada servizos de vídeo baixo demanda contratado (con respecto ao seu prezo oficial).
Lembremos que Lowi ofrece o seu servizo de Fibra Fit onde Vodafone ten rede de fibra de seu (no resto do territorio o servizo de fibra ten un prezo mensual 10 euros superior). Tamén cómpre salientar que Lowi non ofrece telefonía fixa.