Lowi ofrece fibra óptica por 30 euros/mes sen custos de instalación

mércores, 16 de agosto do 2017 Marcus Fernández

A poucos meses de revolucionar o mercado coa súa oferta de fibra óptica + móbil, o operador de baixo custo de Vodafone, Lowi, sorprende agora cunha oferta de fibra, ou sexa, que os usuarios que precisen dunha conexión doméstica á Rede a través de fibra óptica e non queiran ter que contratar teléfono fixo, móbil ou televisión teñen unha nova opción moi asumible, xa que Lowi ofrece conexións a 50 Mbps por 30 euros/mes.
O máis rechamante desta nova oferta comercial é que conta con router Wi-Fi e instalación de balde e cun compromiso de permanencia de só 3 meses (non respectar a permanencia suporía ter que facer fronte a un gasto de instalación de 150 euros, mentres que o router estaría valorado en 100 euros), e aínda que a oferta de Lowi con 1 GB de datos e chamadas sen límite a móbiles e fixos nacionais é moito máis competitiva (pois só custa 37 euros/mes), o novo plan resulta moi interesante para quen non quere mudar de compañía móbil.
A velocidade desta nova conexión de fibra é de 50 Mbps de descarga garantidos e até 30 Mbps de subida, ofrecéndose alí onde teña cobertura Vodafone. Dadas as súas condicións de contratación semella unha opción moi atractiva para estudantes, que podería gozar de banda larga fixa sen ter que soportar elevados custos iniciais nin subscribir longos compromisos de permanencia.

PUBLICIDADE