Lowi ofrecerá combinados de fibra e móbil por dende 20 euros/mes

luns, 13 de maio do 2024 Marcus Fernández

Hai zonas nas que Digi, ao contar con rede de seu, pode ofrecer unhas tarifas sen competencia no mercado (por exemplo, fibra de 500 Mbps e 15 GB no móbil por 20 euros/mes), e agora o operador de baixo custo de Vodafone, Lowi, quere entrar nesa guerra, e mañá estreará 3 tarifas de fibra e móbil exclusivas para as zonas con fibra propia.
As novas tarifas, que responden ao nome de Fibra Fit, comezan cunha agresiva tarifa con fibra de 600 Mbps e móbil con 15 GB de datos e chamadas ilimitadas por 20 euros/mes, mentres que por 28 euros/mes achega fibra de 1 Gbps e sube os datos móbiles a 100 GB, rematando cunha tarifa que por 33 euros/mes incrementaría os datos móbiles até os 200 GB.
Esta interesante proposta de Lowi non sería unha promoción, senón un prezo ordinario, aínda que cómpre salientar que incluirá un compromiso de permanencia de 12 meses.

PUBLICIDADE