Lowi permite incluír Netflix nos seus plans combinados de fibra e móbil

xoves, 7 de novembro do 2024 Marcus Fernández

En setembro Lowi incorporou Netflix nas súas tarifas combinadas de fibra e móbil máis económicas, e aínda que nun principio o servizo de vídeo baixo demanda (con publicidade) incluíase só en 4 tarifas preconfiguradas, agora pode engadirse Netflix como servizo ao crear unha tarifa personalizada.
Deste xeito podemos escoller entre tres velocidades (300 Mbps, 600 Mbps e 1 Gbps) de Fibra Fit (se temos cobertura da rede propia de Vodafone) ou Fibra indirecta, e completala con liñas móbiles que poden incluír distintos volumes de datos a completar cos servizos de Amazon Prime e/ou de Netflix. Por exemplo, agora podemos contratar Fibra Fit de 1 Gbps cunha liña móbil con 30 GB de datos e Netflix por 30 euros/mes, mentres que por 33 euros/mes tamén o volume de datos ao mes sería de 50 GB e tamén incluiría Amazon Prime.
Lowi tamén ofrece agora tarifas de fibra (sen móbil) a prezos moi axustados. Por exemplo as conexións de Fibra Fit de 600 Mbps e 1 Gbps teñen prezos de 20 e 25 euros/mes respectivamente, custando 10 euros máis ao mes de estarmos en zonas sen cobertura da rede propia de Vodafone. Este servizo cobraría 30 euros pola instalación do seu router.