Lowi reduce o prezo da súa fibra de 1 Gbps
martes, 9 de xaneiro do 2024
O operador de
baixo custo de Vodafone, Lowi, quere comezar o ano con forza, lanzando unha
promoción do seu produto de fibra
óptica de 1 Gbps, que poderá contratarse até o 29 de febreiro a un prezo de
29,95 euros/mes, co que busca facerse cos usuarios que precisan de alta
velocidade e non demandan teléfono fixo.
Para os usuarios que non demanda tanta velocidade Lowi tamén ten fibra de 300 Mbps
por 24,95 euros/mes, ou tamén a opción combinada de 300 Mbps de fibra e móbil
con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos por 29,95 euros/mes, gozando xa o
móbil de conectividade 5G (algo que está a normalizarse entre os operadores
económicos).