Lowi triplica os datos das súas tarifas móbiles durante o verán

xoves, 16 de xuño do 2022 Marcus Fernández

Estas semanas a meirande parte dos operadores de telefonía móbil, coa intención de non perder clientes durante o verán, están a ampliar o seu volume de datos contratados de xeito temporal a través de bonos de distinto tipo, resultando especialmente rechamante a proposta de Lowi, operador de baixo custo de Vodafone, que dende o 16 de xuño até o 30 de setembro triplica os datos móbiles de todas as súas liñas.
Deste xeito, temos como clientes con 5G de datos pasar a poder gozar de 15 GB durante os vindeiros meses, senso especialmente rechamante a oferta no caso dos que teñen contratadas liñas con 100 GB de datos, que gozarían de bonos de 300 GB, volume de datos realmente impresionante, aínda que parece pouco probable que haxa usuarios que sexan quen de consumir tal cantidade de datos no móbil cada mes.
Lowi tamén está a actualizar as súas tarifas de fibra e móbil, de xeito que a súa tarifa con 100 Mbps e 10 GB de datos no móbil por 29,95 euros/mes pasa a ter unha conexión de fibra de 300 Mbps, a conexión de 300 Mbps con 25 GB de datos por 34,95 euros/mes amplía os datos até os 50 GB, e no caso da fibra de 600 Mbps con 30 GB de datos por 39,95 euros/mes pasa a incluír 50 GB de datos. Cómpre lembrar que o volume de datos contratado con estas tarifas beneficiaríase da promoción de verán coa que triplicarían o volume de datos até os 30 ou 150 GB.

PUBLICIDADE