Lugo acolle unha xornada sobre riscos dixitais

luns, 27 de abril do 2026 Redacción

O proxecto Desactiva a trata, impulsado pola entidade social Diaconía, chegará a Lugo o vindeiro mércores 6 de maio cunha xornada que terá lugar entre as 10 e as 13 horas no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta.
Baixo o título Trata 2.0. O mundo dixital, violencias sexuais dixitais e métodos de captación dixital, a iniciativa preséntase como unha acción de información e sensibilización aberta ao público xeral, aínda que especialmente dirixida a persoal das administracións, das forzas e corpos de seguridade, dos servizos sociais e a outros profesionais que traballan con infancia e mocidade.
A sesión abordará os riscos do ámbito dixital como espazo de captación e explotación sexual. Entre os contidos previstos inclúense fenómenos como o grooming e a sextorsión. A proposta busca mellorar a comprensión da socialización dixital de nenos e adolescentes, así como proporcionar ferramentas para identificar e afrontar situacións de risco.