Lugo acolleu a antesala dos Premios Dálle Like: a cita culinaria Abrindo Boca

mércores, 29 de abril do 2026 S. P.

Este martes 28 de abril pola tarde celebrouse no Restaurante Cachivaches de Lugo o evento gastronómico Abrindo Boca, unha cita culinaria que serve de antesala aos premios Dálle Like Galinfuencers 2026. A cita consistiu nunha degustación de catro tapas elaboradas polo chef Alejandro Méndez, nunha proposta centrada no produto local e na innovación culinaria. Participou (entre outras/os) o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
A Deputación de Lugo colabora con 3.000 euros nesta iniciativa, que busca recoñecer o talento dos creadores de contido galegos que promoven a cultura, a lingua e o territorio a través das redes sociais. A gala celebrarase o 16 de maio no Círculo das Artes, aberta ao público e ambientada nunha romaría tradicional con música e propostas gastronómicas.
Os premios Dalle Like Galinfuencers 2026 teñen o obxectivo de recoñecer, amosar e celebrar o talento dos creadores de contido de Galicia que, a través das redes sociais, contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores galegos.
A gala do 16 de maio será aberta ao público xeral e estará ambientada nunha romaría tradicional, con actuacións de Lucía Pérez e outros artistas internacionais, e postos gastronómicos.
O certame tamén conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua que dirixe Valentín García, e máis da Consellería de Medio Rural.
Os Premios Dalle Like, que veñen con 10 categorías, buscan recoñecer o talento galego no ámbito dixital e das redes sociais.
A cita final reunirá a creadores de contido, proxectos dixitais e marcas galegas que destacan pola súa creatividade, impacto e capacidade de conectar coas novas audiencias.