Luis Tosar dá voz ao malvado de Destiny 2
martes, 22 de agosto do 2017
O
vindeiro 6 de setembro o xogo Destiny
abrirá un novo capÃtulo para Xbox One e PlayStation 4 (a versión para PC non
estará dispoñible até o 24 de outobro), aÃnda que entre os dÃas 29 e 31 de
agosto non serán poucos os que se animen a gozar a súa beta aberta, pero do que
queremos dar hoxe conta sobre Destiny 2 non é de
ningunha cuestión técnica, senón do feito de que este xogo de acción en
primeira persoa conta co actor galego Luis Tosar pondo voz ao seu principal
vilán, Dominus Ghaul, comandante da Lexión Vermella, unha nova e poderosa
ameaza inimiga que aparece na secuela do aclamado Destiny.
Con Destiny 2 Tosar estréase no mundo
dos videoxogos, asegurando o actor que «foi estupendo participar neste
proxecto, e moi distinto ao que estou afeito a facer na miña faceta como actor.
Traballar nun videoxogo permÃtete recrear facilmente situacións extremas, e
date a oportunidade de interpretar a personaxes moi interesantes, que viven en
incribles escenarios fora do común» engadindo que o papel de Ghaul «permitiume
explorar novos rexistros de voz, que descoñecÃa».