Luvas para pantallas táctiles capacitivas

martes, 2 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Coa chegada do inverno atopamos situacións bastante incómodas como que, ao chegar a un ascensor, non podemos premer nos botóns que marcan o andar ao que queremos desprazarnos sen quitar as luvas, o que cada día resulta moi molesto porque a problemática trasládase agora a terminais táctiles coma smartphones ou tablets, chegando para resolver a situación unhas luvas chamadas Agloves, que aparte de protexernos do frío tamén contan coa condutividade precisa para poder operar interfaces táctiles coma se fosen os nosos propios dedos.
Os Agloves véndense por 17,99 dólares (12,83 euros) e permiten o uso de calquera dos dedos en pantallas táctiles, pois a condutividade das mans transmítese a través de todo o tecido das luvas, feito de fibra de nylon cuberto de prata, o que non impide que poidan lavarse sen perder a súa eficacia.
A compra dende España destas luvas aínda resulta pouco recomendable, pois os portes máis económicos dispoñibles son de 27 dólares, polo que os responsables da compañía comercializadora xa advirten que están a buscar alternativas máis baratas para a súa distribución global, aínda que non sería de estrañar que en breve poidamos ver clons das Agloves en tendas locais ou en tendas chinesas.


Demostración de uso dos Agloves cun iPad

O feito de permitir o uso dos 10 dedos sobre pantallas capacitivas e o principal reclamo dos Agloves
Os Agloves poden empregarse co iPad

PUBLICIDADE