Luvas que se quentan por USB
luns, 1 de setembro do 2008
- As luvas permite desentumecer as mans nos fríos días de inverno para poder xogar a pleno rendemento
Os frioleiros que
queiran ter quentes as mans mentres empregan o seu ordenador ou botan unhas
partidas coa súa consola de videoxogos con porto USB (como a PS2 ou a Xbox 360)
na
popular tenda virtual de Brando venden por 22 dólares unha luvas térmicas
que se quentan alimentándose por USB, o que pode ser un interesante accesorio
para os primeiros minutos na casa despois de volver das baixas temperaturas que
fai no exterior en inverno.
Agora o entumecemento das mans polo frío non será desculpa para comezar a
teclear rápido ou para manexar con soltura os nosos xogos favoritos (pois en 5
minutos as luvas son capaces de incrementar a temperatura 10 graos). Ademais, poden
empregarse cubrindo os dedos completamente ou coma mitóns, aínda que coma
defecto está o feito de que cada
luva empregue un porto USB independente polo que, por exemplo,
ocuparía os 2 portos USB frontais da Xbox 360 (sendo preciso acceder á parte
traseira da mesma para conectar unha memoria USB).