Luz verde á solicitude de fondos europeos para instalar na Cidade das TIC un centro de IA medioambiental
venres, 20 de xaneiro do 2023
Este
mércores 18 de xaneiro aprobouse en xunta de Goberno o
informe-proposta promovido polo Concello e a Universidade da Coruña
(UDC) para concorrer á primeira convocatoria do proxecto SUST-AI,
dotado cun orzamento de 50 millóns de euros en fondos europeos
FEDER. Dito doutro xeito: deuse luz verde á solicitude de fondos
para
instalar na Cidade das TIC (antiga Fábrica de Armas da Coruña) un
centro de Intelixencia Artificial orientado ao medio ambiente e á
aposta local pola sustentabilidade. En concreto, desenvolveranse no
seu seo solucións innovadoras de IA para abordar cuestións
vencelladas ao cambio climático, infraestruturas verdes e solucións
urbanas baseadas na natureza.
“O
uso das ferramentas máis innovadoras con capacidade para analizar,
comprender e tratar grandes cantidades de datos”, explicaron fontes
do Concello, “serviría para abordar retos medioambientais nun
proxecto que tamén implicaría ás asociacións veciñais, atendendo
as necesidades e preocupacións da cidadanía no eido do medio
ambiente.
Esta
proposta, ideada para potenciar as instalacións da futura Cidade das
TIC, coas obras xa en marcha desde maio de 2022, lévase a cabo co
obxectivo de reforzar a aposta do Goberno de Inés Rey polo sector
tecnolóxico como un dos principais motores económicos e laborais da
cidade, coa recente elección da Coruña como sede permanente da
Axencia Nacional Española para a Supervisión da Intelixencia
Artificial (AESIA).