MAG chegará a España o 28 de xaneiro
martes, 19 de xaneiro do 2010
Estes días está a
funcionar en probas o xogo masivo multixogador para PlayStation 3 MAG, e finalmente anuncian que o seu
lanzamento español vai ser antes do agardado, se xeito que este título de
acción que permite xuntar a 256 usuarios na mesma partida (algo inédito nunha
consola de videoxogos) poderá
adquirirse a partires do vindeiro 28 de xaneiro.
Para celebrar o anuncio deste lanzamento, dende
os foros oficiais de PlayStation están a sortear 10 copias de MAG, de xeito que os
afortunados gañadores poderán facerse con este agardado xogo antes incluso da
chegada ás tendas.