MARVEL Future Fight, novo xogo de rol móbil con personaxes de banda deseñada
martes, 5 de maio do 2015
Nun momento no que nos cines está a ter grande éxito o filme
Los Vengadores: La Era de Ultrón, nas
tendas de aplicacións móbiles a Marvel non está quieta, e ofrece MARVEL Future Fight, un xogo de rol free-to-play no que podemos xuntar aos
grandes heroes da editorial norteamericana para participar nunha batalla épica.
O xogo parte dunha mensaxe do futuro de Nick Fury, o director de SHIELD, que
avisa de que varias dimensións do multiverso están a colapsarse, polo que hai
que formar un grupo para protexer o Universo. Pódese asà crear equipos con vingadores
como Hulk, Iron Man e o Capitán América, ou optar por outros heroes como
Spider-Man e Daredevil, personaxes que poderemos potenciar mediante un sistema
de niveis de RPG.
Neste tÃtulo poderemos podemos participar en batallas de 3 contra 3, elixindo
entre 4 clases de heroes únicos para enfrontar aos campións que elixamos con
equipos de opoñentes; tamén teremos unha campaña individual na que teremos
batallas épicas con superviláns en combates cunha profunda e inmersiva campaña
de RPG individual para desbloquear contidos exclusivos, novos traxes e
recompensas (sendo tamén posible facerse con melloras e bonificacións especiais
formando equipos de personaxes clásicos da Marvel). MARVEL Future Fight tamén conta cun sistema de aliados, de xeito
que pode convocarse a amigos para que fagan de reforzo e faciliten asà a
victoria como equipo. Todo isto contando cun sistema de control que nos deixa
elixir entre manexar a acción cun único dedo ou empregar un mando virtual.
O xogo pode descargarse
de balde na App Store ou a
través de Google Play, incluÃndo compras dentro da aplicación, que
normalmente consisten na adquisición de xemas coas que poder desbloquear
elementos no xogo.
- MARVEL Future Fight viviremos intensos combates con personaxes moi conocidos para os seareiros da Marvel
VÃdeo promocional do xogo