MED-V permite a Windows Vista traballar con vellos programas para XP/2000
luns, 19 de xaneiro do 2009
Para que os usuarios
de Windows Vista poidan empregar vellas aplicacións para Windows XP e Windows
2000 que non funcionan axeitadamente no sistema operativo actual de Microsoft a
compañía de Redmond vén de publicar unha beta pública do Microsoft
Enterprise Desktop Virtualization (MED-V) que achega capacidades de
virtualización ao contorno empresarial.
Agárdase que a versión definitiva do programa estea dispoñible a mediados de
ano.