MID surcoreano que se podería confundir cun ultraportátil
mércores, 12 de novembro do 2008
As escalas de
tamaños dos equipos portátiles son cada vez máis confusas, e se definimos que
as principais categorías son PDA, MID, UMPC e portátil, agora o
fabricante surcoreano UMID presenta un novo MID que se pode confundir
cun ultraportátil, xa que aínda que teña un tamaño moi reducido (a súa pantalla
é de 4,8 polgadas) e pese pouco (315 gramos) as súas prestacións están moi
próximas a de equipos con pantallas de 8,9 ou 10 polgadas (a súa pantalla táctil acada unha resolución de 1.024 x 600 píxeles).
O novo MID de UMID funciona cun procesador Intel Atom a entre 1,1 e 1,3 GHz,
funciona con ata 1 Gb de RAM, ten entre 8 e 32 Gb de almacenamento na súa
unidade SSD, inclúe un porto USB 2.0, lector de tarxetas SD, espazo para
tarxetas USIM, webcam de 1,3 Mpíxeles, sintonizador de TDT e alta conectividade
(WiBro, HSDPA, Wi-Fi, WiMAX e Bluetooth). Amais, pode funcionar con Linux,
Windows XP e Vista.
Está claro que este equipo non vai ser barato, polo que a súa reducida
implantación comercial non fará que teñamos que estrear unha categoría de
equipos entre os MID e os UMPC, pese a que algúns
xa o definan coma un mini-netbook.

- O teclado se optimizou para ser completo á vez que de tamaño reducido

