MOLAB celebrará a súa primeira Game Jam
martes, 29 de maio do 2018
A asociación estudantil coruñesa Monkey Laboratory (MOLAB)
convoca entre os dÃas 8 e 11 de xuño a I MOLAB Gamejam, unha competición
de creación de videoxogos durante 72 horas en grupos de ata 4 persoas de xeito non
presencial (xa que aproveitarase a plataforma en liña Itch.io), cunha temática
que desvelarase no dÃa de inicio do evento.
Tras o traballo conxunto, o luns 11 de xuño a partires das 18:00 horas realizarse
unha mostra pública dos xogos desenvolvidos, que avaliaranse por parte dun
xurado composto por profesionais galegos do sector tecnolóxico e dos videoxogos
(Polygon-e, SYBIC, Imaxin Software e Gato Salvaje) xunto co decano da Facultade
de Ciencias da Comunicación da UDC, onde ten lugar esta interesante actividade.
O resultado da competición darase a coñecer ás 19:30 horas, galardoándose ao
mellor videoxogo, o mellor deseño de xogos, o mellor deseño artÃstico e o
mellor deseño sonoro. Os trofeos entregaranse en persoa, pero tamén poderá
seguirse a entrega de premios en directo a través de Twitter e Twitch.
Paralelamente, o dÃa 11 de xuño ás 18:00 horas tamén organizarase unha
competición de videoxogos clásicos de recreativa nunha máquina construÃda na
propia facultade.
