MSI trae a España o seu ordenador todo-en-un
mércores, 25 de febreiro do 2009
O MSI
NetOn AP1900 é, segundo o seu fabricante, o primeiro equipo de
sobremesa todo-en-un baseado nun procesador Intel Atom, que chega cunha
pantalla panorámica de 18,5 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles (e
só 35 mm de grosor) e un prezo de venda recomendado de 499 euros.
O equipo funciona cun procesador Intel Atom N270 (o habitual nos
ultraportátiles de baixo custo), inclúe de serie 1 Gb de RAM (ampliable a 2
Gb), webcam de 1,3 MpÃxeles, Gigabit Ethernet, Wi-Fi, modem/fax, lector de
tarxetas 4-en-1 (SD, MMC, MS e XD), 3 portos USB, disco duro de 160 Gb e
gravadora de DVD.
O seu consumo é de só 35 W a pleno rendemento, o que supón un aforro de ata un
86% en electricidade en comparación cun ordenador ordinario e tamén é bastante silencioso (non chega aos
26 dB de ruÃdo).