Máis de 130 persoas fomentan a mobilidade sustentábel en Santiago coa app SmartWay
venres, 25 de novembro do 2022
Un
total de 134 persoas xa contan no seu teléfono móbil con SmartWay
Smartiago, a aplicación que premia á cidadanía que promove a
mobilidade sustentábel en Santiago, ao abeiro do proxecto Xemelgo
Dixital (enmarcado á súa vez na iniciativa Smartiago, a iniciativa
de Cidade Intelixente impulsada polo Concello de Santiago).
Esta
aplicación pode descargarse de xeito gratuíto nos sistemas iOS e
Android e o seu funcionamento, segundo informa o Concello, é moi
sinxelo: unha vez descargada a aplicación, a persoa usuaria deberá
rexistrarse cos seus datos persoais para poder monitorizar a súa
propia ruta, podéndoa compartir cun coñecido ou familiar. Ademais,
dependendo de factores como o modo de desprazamento elixido (a pé,
en bicicleta ou moto), a persoa usuaria obterá puntos que poderá
trocar en Smartket, un espazo virtual onde se atopan varias entidades
e comercios locais que ofertan os seus servizos ou produtos con
descontos.
Polo
de agora a lista de colaboradores comprende o Centro Comercial As
Cancelas, a tenda ecolóxica de comestíbeis A Cesta da Saúde, o
Multiusos Fontes do Sar e a tetería e ecotenda O Xardín dos Soños.
“SmartWay
Smartiago é unha aplicación que está en constante
revisión para seguir mellorando a súa utilidade”, explicou o
Concello, poñendo o foco no seu potencial para facilitar á
Administración local posicionar a urbe como pioneira no fomento da
mobilidade intelixente e sustentábel, podendo trasladar o seu uso a
outras Cidades Patrimonio de España.
Proxecto
Xemelgo
Dentro
da liña de actuación de mobilidade atópase a iniciativa do Xemelgo
Dixital, impulsado pola empresa Itera Técnica, que versa na creación
dun modelo plenamente funcional e o máis próximo posíbel á
realidade de Santiago de Compostela.
Para
levar a cabo este proxecto substituíronse 22 bancos de mobiliario
urbano en diferentes puntos da cidade. Cada un deles conta cun sensor
que capta o movemento da cidadanía.
Con
este prototipo virtual poderanse modelar fluxos de mobilidade peonil
e, sobre todo, estimar o impacto sobre os mesmos cos cambios que se
produzan na contorna urbana.
O
obxectivo final que persegue esta iniciativa de vangarda é acadar
unha mellor planificación urbana e xestión de actividades ao poder
contrastar as predicións dos resultados deste xemelgo dixital coa
evolución dos movementos das persoas reais.