Máis de 140 concellos pediron asesoramento sobre redes á Oficina Concellos da Xunta
xoves, 19 de xuño do 2025
Máis de 140 municipios de Galicia, sobre todo das áreas rurais, recorreron aos servizos da Oficina Concellos da Xunta, que proporciona información e axuda sobre o despregamento de redes de telecomunicacións no ámbito local.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG) levan 10 anos asesorando e informando aos concellos galegos sobre o despregadura de redes de telefonÃa e internet. A Oficina Concellos creouse en 2014 no marco do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades co obxectivo de axudar ás entidades locais en aspectos relacionados coa normativa e as solucións técnicas de aplicación nas diferentes zonas.
Ademais de responder centenares de consultas especÃficas das entidades locais, a Oficina desenvolveu sesións informativas nas que participaron máis de 2.000 persoas dos concellos e axentes locais de telecomunicacións. Ademais dun teléfono de atención diaria, o servizo dispón dunha web que ofrece todo tipo de información.
Entre as publicacións distribuÃdas na última década destacan o informe sobre as directivas de paisaxe da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, sobre a ordenación de tendidos aéreos de cables; as recomendacións para a introdución de infraestruturas de telecomunicacións nos plans urbanÃsticos; ou a GuÃa de Solucións de Conectividade na Casa ante a crise do COVID 19.
A Oficina tamén elaborou comunicacións especÃficas para axudar aos concellos a presentar alegacións ás consultas públicas da SecretarÃa de Estado de Telecomunicacións relacionadas co programa ÚNICO, co que o Estado comprometeuse a cumprir co obxectivo de que o 100% da poboación española dispoña de internet de banda larga de, ao menos, 100 Mbps. Tamén circulou información sobre a viabilidade dos tendidos aéreos de telecomunicacións nos núcleos rurais tradicionais, asà como sobre todas as novidades lexislativas que atinxen a telecomunicacións e concellos.
Entre as sesións informativas destacan as que permitiron compartir boas prácticas para compartir tendidos de alumeado na despregadura da fibra óptica; ou as que presentaron casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicacións.
Os 10 anos de existencia da Oficina foron conmemorados hoxe cun evento que se celebrou no centro GaiásTech da Cidade da Cultura, ao que asistiron persoal dos concellos e axentes do sector das telecomunicacións.
