Máis de 22.000 autónomos da Coruña e Pontevedra recibirán un SMS para actualizar o os seus datos

luns, 22 de xullo do 2024 S. P.

Nas próximas semanas, máis de 22.000 persoas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) da provincia da Coruña (10.000) e Pontevedra (12.000) recibirán unha mensaxe a través de SMS no seu móbil, para que actualicen os seus datos de contacto e, moi especialmente, o seu enderezo de correo electrónico.
A comunicación aos traballadores e traballadoras que teñen que actualizar datos será enviada de xeito escalonado durante as vindeiras semanas para facilitar tamén o acceso á modificación dos mesmo e así evitar colapsos.
“Desde a Subdelegación facemos un chamamento para dar difusión a esta campaña para que quen reciba a mensaxe teña a certeza de que non é unha estafa ou unha trola”, sinalou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas
As persoas que reciban a mensaxe deben seguir ás instrucións para facilitar os seus enderezos electrónicos unicamente a través do portal IMPORT@SS da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou, se o prefiren, presencialmente en calquera oficina da Tesourería.
María Rivas, explicou que a TXSS está a proceder á actualización do Ficheiro Xeral de Afiliación para depurar erros nos datos de contacto, o que na provincia da Coruña supón chegar a algo máis de 10.000 persoas rexistradas no RETA (sobre un total dunha 84.000 alta na provincia).
O obxectivo desta actualización é “garantir que todo o colectivo reciba as comunicacións que vai enviar a TGSS no último trimestre do ano no marco do novo proceso de regularización anual do sistema de cotización”. A regularización anual é necesaria porque as bases mensuais elixidas cada ano ten carácter provisorio ata que se produza a regularización anual da cotización. Antes do final de 2024 fai falta, por tanto, regularizar as bases do ano 2023.