Máis de 250.000 persoas visitaron os Museos CientÃficos Coruñeses desde inicios de ano
luns, 7 de agosto do 2023
No
que vai de ano, 252.056
persoas visitaron as instalacións dos Museos CientÃficos Coruñeses,
un servizo do Concello da Coruña que comprende tres museos de
ciencia interactivos: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium
Finisterrae. En termos comparativos, esa cifra supón un
incremento do 24 % con respecto ao número de visitantes rexistrado
para o mesmo perÃodo no ano pasado, entre inicios de xaneiro e
finais de xullo (cando se contabilizaron 203.296 visitantes, segundo
datos achegados pola alcaldesa, Inés Rey, que subliñou que "o
equipo de profesionais dos Museos CientÃficos Coruñeses leva a cabo
unha labor primordial de divulgación entre o público de todas as
idades".
Ademais,
a rexedora remontouse no tempo, para lembrar o caso da Casa das
Ciencias, "que no 1985 converteuse no primero museo público
interactivo de España, e abriu camiño á rede de Museos CientÃficos
Coruñeses, que é un orgullo para a nosa cidade".
Volvendo
aos datos deste ano, e xa polo miúdo, no desglose de cifras por cada
instalación destaca o aumento de afluencia nas instalacións dos
Aquarium Finisterrae, no que se contabilizaron 133.293 visitantes no
que vai de ano. Marcos Pérez Maldonado, director dos Museos
CientÃficos Coruñeses, indicou que "neste primeiro semestre de
ano, as cifras relativas ao Aquarium foron moi boas, grazas ao éxito
da campaña escolar e á boa afluencia do público local. No verán
mantemos esa tónica, pero a visita segue sendo cómoda porque a nosa
prioridade sempre é que a experiencia do público sexa
gratificante".
Ademais,
tamén nestes primeiros sete meses de 2023, detectouse un incremento
de visitas na Domus, cun balance de 65.946 persoas rexistradas,
superando amplamente o dato parcial para o mesmo perÃodo do ano
pasado: entre xaneiro e xullo de 2022 contabilizáronse 47.077
visitantes.
Por
outra banda, no que vai de ano, na Casa das Ciencias rexistráronse
53.267 visitantes, superando tamén o dato parcial para o mesmo
perÃodo no 2022, cando pasaron polo museo 44.766 persoas.
No
referente ás cifras especÃficas deste mes de xullo de 2023, no
Aquarium Finisterrae contabilizáronse 28.890 visitantes (foron
24.787 en xullo de 2022); na Domus rexistráronse 10.071 visitantes
(foron 8.743 en xullo de 2022); e pola Casa das Ciencias pasaron
8.200 persoas (en xullo do ano pasado foron 7.218).
O
horario de verán dos Museos CientÃficos Coruñeses esténdese ata o
31 de agosto
A
inicios de xullo, os Museos CientÃficos Coruñeses deron comezo ao
seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto.
Ata entón, abrirán as súas portas desde as 10.00 ata as 20.00
horas, aÃnda que o acceso pechará ás 19.00 horas no Aquarium
Finisterrae e ás 19.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus.
Os
tres museos contarán, ademais, cunha programación especial de
sesións de planetario, actividades e proxeccións audiovisuais. A
información completa está dispoñible a través da
web municipal de Museos CientÃficos.