Máis de 50.000 aplicacións no Android Market
luns, 26 de abril do 2010
Aínda que falta moito para poder compararse á App Store de Apple, o Android Market, tenda de descargas para terminais co sistema operativo móbil promovido por Google, superou a barreira das 50.000 aplicacións segundo reportou AndroLib, e de manter o seu ritmo actual, chegaría ás 100.000 en setembro, o que é unha boa nova para os que busquen alternativas ao iPhone.