Máis de 8.500 persoas empregaron a aplicación habilitada para poder acceder ao illote Areoso
luns, 11 de setembro do 2023
Máis
de 8.500 persoas solicitaron autorización para acceder ao illote
Areoso, na
ría de Arousa,
durante os dous primeiros meses de aplicación do novo sistema
tecnolóxico
de
control impulsado pola Xunta para regular e ordenar os desprazamentos
a este espazo natural. Este
dato foi achegado pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles
Vázquez, durante visita
ao illote na
que fixo
balance da aplicación desde a súa posta en marcha,
o pasado 4 de xullo. Sinalou
que o sistema funcionou con normalidade e sen grandes incidencias,
“como demostra o feito de que ata o momento a afluencia media
rexistrada estea
situada
en 123 persoas diarias”.
Acompañada
pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, a
vicepresidenta salientou que neste período 7 de cada 10 visitantes
optaron para os seus desprazamentos por embarcacións sen motor,
destacando sobre todo o uso de piraguas; outro 20% accedeu ao Areoso
en barcos motorizados; e case un 10% optou por fondear nas augas que
rodean o illote.
Así
mesmo, tamén destacou que “se ben durante as primeiras semanas de
xullo o ritmo de autorizacións emitidas foi algo menor, coincidindo
coa posta en marcha do novo sistema e da aplicación dixital para
tramitar os permisos, no mes de agosto detectouse un incremento das
solicitudes e por conseguinte, da afluencia”. De feito, no período
comprendido entre o 3 e o 27 de agosto completouse todos os días a
cota
máxiao
de visitantes, fixado en 150 persoas repartidas en 3 quendas
horarias, “algo que tamén ocorreu puntualmente algún día illado
durante as fins de semana de finais de xullo”, dixo.
Polo
que respecta ás preferencias horarias dos usuarios para achegarse
ata o Areoso, a vicepresidenta explicou que, con diferencia, a quenda
máis solicitada este verán foi a segunda, que permite acceder ao
illote entre as 13,00 horas e as 17,00 horas, seguida da terceira e
última franxa horaria dispoñíbel,
que vai desde as 17,00 horas ata o solpor.
A
aplicación
A
Consellería de Medio Ambiente e a axencia autonómica AMTEGA
activaron o 3 de xullo a aplicación web para controlar o acceso ao
illote Areoso, na ría de Arousa, coincidindo coa publicación no
Diario Oficial de Galicia da orde
reguladora de usos públicos e actividades permitidas no espazo
natural que conforman o arquipélago dos Guidoiros, do que forma
parte este illote, e máis a illa de Rúa (en Ribeira).
A
aplicación está dispoñíbel na ligazón areoso.xunta.gal.
O sistema deseñado pola AMTEGA para canalizar as autorizacións de
visita e regular o fluxo de persoas que acceden ao illote do Areoso
contou co apoio e supervisión da Vicepresidencia Segunda, que
informou que “na práctica será moi similar ao que se utiliza xa
desde hai varios anos no Parque Nacional das Illas Atlánticas de
Galicia e no Monumento Natural das Catedrais, polo que a súa
eficacia e operatividade están demostradas”.
Fontes da Xunta lembraron que o departamento autonómico empezou a
traballar o ano pasado no regulamento de usos e actividades
permitidas no conxunto que conforman o Areoso e outra serie de illas
próximas co fin de “garantir o equilibrio entre a protección dos
seus valores e recursos naturais e o aproveitamento público deste
espazo, que nos últimos anos viña rexistrando unha afluencia de
visitantes crecente”.