Máis do 15% das empresas galegas rexistraron algún incidente de ciberseguridade en 2025
venres, 19 de decembro do 2025
O 15,5 % das empresas galegas sufriu algún incidente de ciberseguridade ao longo do último ano, unha cifra que se achega ao 50 % no caso das compañÃas con máis de 49 traballadores. Entre os incidentes máis habituais destacan os ataques de phishing, baseados na obtención fraudulenta de información mediante a suplantación dunha identidade allea á empresa. A consecuencia máis común destes episodios foi a indispoñibilidade dos servizos tecnolóxicos.
Estes datos recóllense no Informe sobre a ciberseguridade nas empresas de Galicia, elaborado polo OSIMGA, organismo adscrito á AMTEGA, en colaboración co Instituto Galego de EstatÃstica, que se fai público hoxe.
Tipos de incidentes
Segundo o estudo, o incidente máis frecuente é o phishing externo, que afectou ao 10,2 % das empresas. A continuación sitúase, a bastante distancia (2,6 %), a suplantación de identidade dentro da propia organización. Os ataques por virus informáticos e a denegación de servizos por sobrecarga rexistráronse en máis do 2 % das empresas, mentres que as intrusións mediante accesos non autorizados representaron o 1,9 % e a instalación de software malicioso o 1,2 %.
No tocante ás consecuencias, a máis habitual foi a falta de dispoñibilidade dos servizos tecnolóxicos, que afectou ao 53,3 % das empresas que sufriron incidentes. Séguena a perda de produtividade (29,8 %) e os gastos económicos adicionais (24,8 %).
O informe indica tamén que durante 2025 o 14,4 % das empresas de 50 ou máis traballadores padeceron algún tipo de consecuencia derivada dun incidente de ciberseguridade. Esta porcentaxe redúcese ao 8,3 % nas empresas de entre 10 e 49 empregados e ao 5,6 % nas de menos de 10. Por sectores, o comercio é o que presenta unha maior incidencia (9,6 %), seguido da construción (5,9 %) e da industria (5,1 %).
Máis do 33 % das empresas que sufriron incidentes de seguridade recibiron apoio externo: máis do 17 % acudiron a empresas especializadas, o 7,2 % ás forzas e corpos de seguridade, o 3,2 % ao INCIBE e menos do 3 % a organismos autonómicos.
Investimento e capacitación
O 81,6 % das empresas galegas aplican algunha medida de seguridade nos seus equipos e sistemas de comunicación. Esta porcentaxe acada practicamente o 100 % nas empresas de 50 ou máis persoas empregadas. Nas compañÃas de entre 10 e 49 traballadores, os valores van do 86,2 % na hostalarÃa ao 100 % no comercio.
En relación co investimento, o 40 % das empresas galegas destinou recursos á ciberseguridade, cun gasto medio anual de 3.217 euros. Case o 70 % das empresas de maior tamaño realizan este tipo de investimento, destacando especialmente o sector servizos, excluÃndo comercio e hostalarÃa.
Durante o último ano, o 22,1 % das empresas ofreceron ao seu persoal formación especÃfica en ciberseguridade, unha porcentaxe que supera o 50 % nas empresas de 50 ou máis empregados. O sector doutros servizos sitúase á cabeza, cun 35,7 %, máis de dez puntos por riba do resto.
Percepción do nivel de seguridade
O 60,3 % das empresas consideran que están preparadas cun nivel adecuado ou alto en seguridade TIC, unha percepción que varÃa desde o 88,8 % nas empresas de maior tamaño ata o 58,7 % nas máis pequenas.
Por sectores, o de outros servizos e o industrial son os que se perciben como mellor preparados, mentres que a hostalarÃa presenta os valores máis baixos, cun 44,7 % das empresas que se consideran adecuadamente preparadas fronte a posibles ciberataques.
