Majora’s Mask nunha aplicación nativa para PC
luns, 13 de maio do 2024
Os emuladores gozar actualmente de grande popularidade como solución para gozar de videoxogos clásicos en máquinas modernas, aÃnda que un desenvolvedor que responde ao alcume de Mr. Wiseguy está a ofrecer un xeito alternativo aos emuladores para poder preservar os xogos de Nintendo 64, par a o que está a ofrecer unha aplicación nativa para Windows e para Linux dende a que poder gozar de The Legend of Zelda: Majora’s Mask.
Por motivos legais o executable publicado non inclúe os datos do videoxogo (que deben achegarse a través da súa respectiva ROM), pero en calquera caso estamos ante unha solución moi elegante para permitir gozar deste clásico de Nintendo 64 nun ordenador persoal, con vantaxes salientables con respecto ao tÃtulo orixinal como poder adaptar a imaxe a pantallas panorámicas ou poder gozar de gráficos máis detallados e animacións máis fluÃdas, prometendo que en futuras versións o xogo tamén poderá mellorarse mediante o uso de ray tracing e a carga de texturas melloradas.
Este proxecto realmente é unha recompilación da Nintendo 64, que desta volta céntrase en Marjora’s Mask, pero xa apuntan a que en breve soportará The Legend of Zelda: Ocarina of Time, facilitando asà o goce dun dos mellores xogos de consola da historia nun ordenador persoal (incluso aÃnda que sexa bastante básico).
Resta agora por ver cal será a reacción de Nintendo a este proxecto, pois normalmente a compañÃa nipoa fai todo o posible para evitar a distribución de solucións que poidan erosionar as vendas dos seus xogos clásicos e as súas remasterizacións e remakes.
VÃdeo no que podemos ver a recompilación de Zelda correndo nun ordenador persoal