Mallando no Android sortea un Optimus G para festexar o seu terceiro aniversario
martes, 2 de xullo do 2013
No
día de onte Mallando
no Android
estaba de celebración, pois nesa mesma data -1 de xullo- pero de hai
tres anos, nacía un proxecto con feitura de blogue que abrollaba
dende a bagaxe de Mallando
na e-ira.
Mallando no Android aparece como un
espazo no que se dá conta de toda a actualidade que ten a ver con
Android, sempre en galego, dende novas até análises de terminais e
aplicacións, pasando pola cobertura dos principais eventos do
sector.
Estamos perante unha web feita por galegos, pois os
responsábeis
de Mallando no Android son un grupo de mozos da nosa terra: Iago
Varela Martínez (coordinador/editor), Luís P. Castelo (redactor),
Vítor Vázquez Vázquez (redactor), Isaac Manteiga (redactor), Agos
Reigosa (redactor), Álex Alfaya (redactor) e Fernando Real
(redactor). Asemade, esta web conta de cando en vez coa colaboración
de Xabier
Crespo, Alberto Ruibal, Ismael Reyes, Álvaro Mouteira e Sebastián
Barbeito.
Indo
ao miolo da festa, para conmemorar o terceiro aniversario do seu
nacemento, Mallando no Android decidiu organizar un sorteo
en colaboración con
LG, e agasallar ao premiado/a cun Optimus G, cunha pantalla de 4,7
polgadas, procesador de 4 núcleos a
1,5 GHz, 2 XB de RAM, 32 XB de memoria interna, cámaras de 13 e 2
megapíxeles... un teléfono
do que xa se falara no blogue en cuestión. Emporiso, para participar
no sorteo deste Optimus G cómpre empregar as diferentes redes
sociais: Twitter, Google+ ou Facebook, sumando unha participación
por cada unha delas, até un máximo de tres. Amais, quen responda de
xeito acertado ás preguntas propostas nas últimas semanas, sumará
até dúas participacións extra, facendo un máximo total de cinco.
Para
coñecer máis polo miúdo as regras e condicións do concurso de
Mallando no Android, cómpre visitar a súa web
e, logo de ter pasado polas redes sociais, deberase cubrir
un formulario cos datos requiridos.