Mando a distancia con recoñecemento de voz
luns, 12 de xaneiro do 2009
A empresa
irlandesa Amulet Devices leva un par de anos traballando nunha tecnoloxÃa de
recoñecemento de voz para a reprodución multimedia no fogar, que se concreta en
dispositivos coma o Amulet
Remote, un mando a distancia para Vista Media Center que responden
ás nosas ordes faladas dun xeito espectacular e que se puido ver nos pasados
dÃas no CES de Las Vegas.
O mando a distancia integra un micrófono que transmite a nosa voz ao software
de Amulet instalado no noso Media Center, convertendo as nosas ordes en instrucións
precisas, de xeito que podemos pedirlle que reproduza os temas dun grupo
musical, que presente en pantalla a pelÃcula que digamos, que nos amose unha
galerÃa fotográfica concreta e mesmo que cambie de canle, estando esta última
función sincronizada coa guÃa de programación, de xeito que podemos
dicir que cambie á nosa serie preferida sen ter que precisar a canle na que se
emite (especialmente práctico para plataformas de pago nas que se
poden ver as mesmas series a distintas horas).
O Amulet Remote comezará a comercializarse en marzo, e polo momento está
preparado para recibir ordes en inglés. O prezo desta nova versión aÃnda non se
coñece, pero non se agarda que sexa reducido, pois a versión estándar ten un
prezo fixado en 299 dólares.
Demostración das posibilidades da tecnoloxÃa desenvolvida por Amulet Devices