Mandragora: Whispers of the Witch Tree, un metroidvania independente con toques de Souls
luns, 21 de abril do 2025
Primal Game Studio emprendeu con éxito unha campaña de micromecenado en Kickstarter na que superaron os 276 mil dólares para financiar o seu xogo Mandragora: Whispers of the Witch Tree, que se define a si mesmo como un xogo de rol de acción e desprazamento lateral en 2.5D con elementos de metroidvania e soulslike, e por fin está dispoñible para o público en versións para consolas Xbox Series X|S, para PlayStation 5 e para PC (en Steam, na tenda de Epic Games e en GOG), estando previsto que no futuro conte tamén con versión para as consolas de Nintendo.
Este tÃtulo independente contou co apoio de ID@Xbox, e pese a ser un tÃtulo modesto, presenta uns acabados moi coidados, unha estética con moita personalidade, unhas mecánicas desafiantes e unha historia que promete máis de 40 horas de xogo.
Mandragora convÃdanos a converternos nun inquisidor que ten que loitar contra o mal que invade Faelduum a través de fendas da realidade. Poderemos escoller entre 6 clases únicas e dominar a espada e a maxia en combates brutais, nos que haberá que escoller o momento oportuno para golpear ás criaturas e aos xefes finais para acabar con eles. Tamén é posible facer evolucionar o personaxe con seis árbores de talentos e centos de habilidades e melloras de combate dispoñibles. Todo un mundo de posibilidades que agradecerán os xogadores máis afeitos aos xogos de rol e aos tÃtulos tipo Dark Souls.
Tráiler de lanzamento do xogo