Manhunt 2 chegará a España o 31 de outubro
luns, 6 de outubro do 2008
O xogo Manhunt 2
arrastrou a polémica durante moitos meses por mor da súa violencia, que o levou
a ser prohibido en varios paÃses, polo que se dificultou a súa distribución ata
o punto de que só saÃu á venda nos EE.UU., pero agora dende Rockstar anuncian
que o
vindeiro 31 de outubro chegará ás tendas británicas (confirmándose
que na
mesma data tamén chegará a España) nas súas versións para Nintendo
Wii, PlayStation 2 e PSP.
O lanzamento europeo do xogo foi posible grazas a que Rockstar
conseguiu que se tivera en consideración a súa apelación fronte a BBFC
(entidade británica que dá a cualificación por idades dos videoxogos, que se negaba
a certificar Manhunt 2 por considerar
que non era apto para ningunha clase de público).
AÃnda asà no é de agardar que o xogo poida ter unha boa resposta comercial, xa
que moitos usuarios xa o teñen aburrido,
pois a
versión europea do xogo para PS2 se filtrou en setembro de 2007 á Internet por
un traballador de Sony (despedido por tal temeridade), de xeito que
o novo lanzamento corresponderÃa a un xogo vello,
con máis dun ano de vida nas tendas norteamericanas e nas redes P2P europeas.
O xogo era excelente no seu lanzamento, e aÃnda se trata dun produto
destacable, aÃnda que quede totalmente eclipsado polos lanzamentos posteriores
de Rockstar Games (coma Canis Canem Edit
ou Grand Theft Auto IV).