Mans libres para o móbil que recolle a voz da gorxa

luns, 23 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A compañía nipona Sanwa presentou un sistema de mans libres para móbiles que en vez de captar a voz que sae da nosa boca, emprega uns sensores na no pescozo para percibir as nosas palabras incluso en ambientes moi ruidosos ou cando falemos en voz baixa, inspirándose nos sistemas de intercomunicación dos grupos de asalto táctico.
Este micrófono de gorxa permitiría que unha persoa puidese falar dende unha festa sen que o son ambiental se transmitise, pois centra a súa recepción nas cordas vogais do usuario, ofrecendo unha tecnoloxía de uso principalmente militar a todos os públicos, pois incluso o seu prezo é bastante moderado, vendéndose no Xapón por 3.980 iens (30,25 euros).

PUBLICIDADE