Marathon adía o seu lanzamento de xeito indefinido

martes, 17 de xuño do 2025 Marcus Fernández

Hai cousa dun ano o xogo Marathon de Bungie celebrou os seus trinta anos ofrecéndose de balde a través de Steam, como un xeito de reivindicar unha franquía de xogos de acción que estaba a preparar o seu retorno, pero unha vez que este traballo foi amosándose ao público e lanzando versións de proba para coñecer a resposta dos usuarios, as reaccións foron tan negativas que veñen de anunciar que suspenden o lanzamento do xogo para o vindeiro 23 de setembro.
Estamos ante un movemento que claramente busca evitar un lanzamento desastroso como o de MindsEye ou Concord, pois resultaba evidente que o camiño que estaba a seguir Bungie non casaba coas expectativas dos usuarios.
Dende Bungie están agora a analizar as repostas recibidas durante a alpha do xogo, e consideran que Marathon precisa agora dun importante cambio de enfoque que lle permita mellorar a experiencia de xogo ata conseguir un resultado satisfactorio, polo que, en vez de simplemente adiar a data de lanzamento do xogo, continuarán a realizar probas pechadas durante os vindeiros meses, confiando en que no outono poidan dar conta dos avances realizados e poder así estimar unha nova data de lanzamento dun título moi ligado a historia de Bungie, polo que queren evitar a toda costa que non estea á altura do que busca o público.