Marcelo Castelo aproxímanos ás tecnoloxías da vindeira década nun novo faladoiro SinFiltro

xoves, 2 de decembro do 2021 S. P.

O vindeiro 13 de decembro, a partir das 19.00 horas e na sede de Afundación no Cantón Grande da Coruña, o comunicador, empresario e experto en novas tecnoloxías Marcelo Castelo achegaranos unha nova entrega das sesións de información e debate SinFiltro, que se desenvolve baixo un epígrafe que convida á reflexión sobre o que está por vir en materia de transformación: Que tecnoloxía se espera ao final desta década?
A cita-faladoiro será conducida por Marcelo Castelo co obxectivo de aproximarnos “de forma amena e accesíbel” aos “impresionantes avances tecnolóxicos que se esperan ao final desta década en ámbitos con gran impacto no día a día da sociedade no seu conxunto”. As prazas son limitadas e asignaranse por orde inscrición (que xa se pode facer online). Contarase coa presenza dos directivos de tecnoloxías das seguintes organizacións:
-Gonzalo Martínez Diéguez, director corporativo de Novas Tecnoloxías de Logisfashion, S.A.
-Nuria Alonso Santamarina. Directora de Operacións de Move Estrella Galicia Dixital.
-María José Carmona Puente. CIO en Tradebe.
-Rosa Cortada. Responsable da Área de Sistemas de Información e Infraestruturas de Oxfam Intermón.
-Francesc Muñoz. CIO de Cuatrecasas
-Alberto Almajano. CIO Iberia de B. Braun Group.
-José Manuel Valiño. Director xeral de TI, información, procesos e operacións de Abanca.
A xeito de peche, o acto rematará cun faladoiro con Fernando Suanzes Pérez, fiscal superior de Galicia.

PUBLICIDADE