Marchex Inc. pon parte dos seus dominios á venda

xoves, 17 de setembro do 2009 Fran Vilas

Marchex Inc. empresa que gastou 164 millóns de dólares na compra de máis de 100.000 dominios ao lendario domainer Yun Ye no ano 2004 acaba de pór á venda parte do seu cartafol. Na listaxe dos dominios á venda figuran:
- 3g.com por 1 millón de dólares
- angry.com por 500 mil dólares
- invitation.com por 1 millón de dólares
- Beijing.com mediante ofertas
- lasers.com por 250 mil dólares
- livechat.com por 500 mil dólares
- livedate.com por 250 mil dólares
- matrimony.com por 2 millóns de dólares
- moneyclip.com por 500 mil dólares
- smashhhit.com por 250 mil dólares
Os ingresos da empresa caeron no segundo trimestre deste ano un 44% con respecto ao ano pasado, de 37,4 millóns de dólares a 21,1 millóns de dólares sen caer en perdas.
Ben sexa para axustar os beneficios anuais da empresa ou para comprobar o estado do mercado dos dominios esta é una boa noticia para os investidores xa que claramente vese que os dominios premium manteñen os seus prezos. De todos os xeitos o prezo destes dominios son altos xa que, por exemplo, 3g.com identifica unha tecnoloxía que nestes momentos funciona pero que é perecedoira xa que levamos tempo con 3.5G e estamos case no 4G/WIBRO/WIMAX…
O prezo do dominio matrimony.com por 2 millóns de dólares tamén é excesivo, tan só 7, 32 millóns de resultados en Google. Coma modelo de negocio podería tirar cara ás vodas onde se moven moitos cartos pero aínda así recuperar o investimento de dous millóns de dólares é cousa difícil.

PUBLICIDADE