Marco dixital con reprodución multimedia e radio FM
luns, 7 de xullo do 2008- O marco de Transcend detecta se está en posición vertical ou horizontal
Os marcos
dixitais son un dispositivos cada vez máis habituais nos fogares, pero algúns
fabricantes optan por dotalos de máis prestacións que a mera presentación de
fotografÃas en pantalla e asà temos opcións coma o Transcend
T.photo 720, que na súa pantalla de 7 polgadas cunha resolución de
800 x 480 pÃxeles permite amosar imaxes JPEG e BMP asà coma vÃdeos (AVI, MOV,
MPG, MP4 e 3GP). Tamén reproduce ficheiros musicais en MP3 (conta con
altofalantes estéreo) e incorpora un sintonizador de radio FM.
O ficheiros deste marco gárdanse na súa memoria interna de 2 Gb, aÃnda que
tamén se poden achegar os contidos grazas ao seu lector de tarxetas de memoria
(microSD/SD/SDHC/MMC/MS/M2/CF).
Para completar este dispositivo que se
vende a 129 dólares temos que detecta automaticamente se está en
posición vertical ou horizontal, pode programarse para apagados automáticos,
ten alarma (que pode activar a radio ou reproducir un tema en MP3) e tamén
conta con funcións de reloxo e calendario.