MarÃa Rivas salienta en Negreira a importancia de formarnos en ciberseguridade
mércores, 9 de outubro do 2024
A subdelegada do Goberno na Coruña, MarÃa Rivas, visitou este martes 8 de outubro a caseta de Experiencia INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) instalada no Centro Socio Cultural de Negreira, onde estivo acompañada polo alcalde da localidade Manuel Angel Leis e membros do equipo de Goberno local. A caseta é unha iniciativa itinerante deseñada para concienciar sobre a importancia de termos navegacións seguras. Está disposta en tres zonas: informativa, demostrativa e de capacitación, e zona de gamificación. O obxectivo é sensibilizar e educar á cidadanÃa, familias e empresas sobre a importancia da ciberseguridade.
A subdelegada indicou que durante a súa estadÃa nas diferentes localidades, as persoas visitantes poderán acceder a información sobre protección tecnolóxica e resolver dúbidas; asistir a demostracións prácticas e obradoiros para aprender a protexerse no mundo dixital; e tamén inclúe actividades lúdicas e xogos interactivos sobre a cuestión.
Rivas salientou que un aspecto fundamental tamén das actividades é facer difusión do teléfono 017, unha liña xestionada por INCIBE para resolver dúbidas ou realizar denuncias, e asà axudar ás persoas usuarias en todo o que teña que ver coa ciberseguridade. Trátase, dixo, dunha liña telefónica atendida por persoas expertas, na que se garante o anonimato das chamadas, á que calquera persoa pode recorrer en horario de 9 a 21 horas.
AsÃ, tanto as persoas menores como as adultas, poderán aprender xogando, pondo a proba os seus coñecementos en ciberseguridade, a través dos desafÃos e xogos que ofrece a aplicación CyberScouts. Demostrarán asà quen é a que máis cultura de ciberseguridade posúe e, sobre todo, adquirirán novas competencias para facer un uso máis seguro dos servizos de Internet.
Durante a estadÃa en Negreira, a caseta contou cun experto en ciberseguridade que ofreceu consellos e información sobre todos os servizos do INCIBE, en particular aqueles dirixidos á cidadanÃa e os menores (tamén a pais, educadores ou outros profesionais da súa contorna).
AsÃ, durante o mes de outubro, a caseta estará presente en Padrón os dÃas 15 e 16 de outubro no IES Camilo José Cela; en Boiro os dÃas 18 e 19 de outubro; en Vimianzo os dÃas 22 e 23 de outubro na Casa da Cultura; na Serra de Outes os dÃas 29 e 30 de outubro no Pavillón Municipal e en Santiago de Compostela os dÃas 6 e 7 de novembro en CIBER.gal.
Tamén está prevista a visita a Santiago do camión de Road Show entre o 6 e o 8 de novembro: un camión despregábel que está a viaxar por toda España para capacitar en materia de ciberseguridade a toda a cidadanÃa (desde familias e menores, ata público sénior).
Esta iniciativa realÃzase no marco dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiada pola Unión Europea (Next Generation).