María Soliña inaugura a serie de podcast da Deputación de Pontevedra sobre mulleres galegas silenciadas
luns, 23 de xaneiro do 2023- Carmela Silva, presidenta provincial, na presentación da web de Aquí faltan páxinas
A
Deputación de Pontevedra activou este mes de xaneiro a súa serie de
podcast Aquí
faltan páxinas, adicada
a facer visíbeis a silenciada historia das nosas mulleres
silenciadas. A iniciativa de arquivos dixitais sonoros, que vén con
doce capítulos (un por cada mes), estréase
esta semana coa historia de María
Soliña,
acusada de bruxería no século XVII pola Inquisición e que
non sobreviviu ao seu martirio. A serie tamén vén de O Cable
Inglés.
Este martes 24 publicarase na
web provincial o primeiro dos relatos sonoros do proxecto
dedicado a María e pola tarde ás 19 horas no salón de plenos do
Concello de Cangas, a experta Guillermina Domínguez conducirá un
faladoiro sobre a súa historia. Para asistir é necesario
inscribirse no enderezo procotolo@depo.es.
A citada colección de relatos sonoros dará a
coñecer mes a mes ao longo de todo o 2023 os logros de
María Soliña,
Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal,
Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles
Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa,
coas historias narradas por Marián Fernández e que se
colgarán no
propio sitio en liña de Aquí faltan páxinas da
web da Deputación e con ligazón a Spotify. Estes podcast
compleméntanse, amais de cos faladoiros en nove concellos que
tiveron relación coas protagonistas, e cunha ruta virtual,
tamén na web provincial, que amosará os puntos máis importantes da
biografía da protagonista de cada mes.
Neste primeiro podcast cóntase como dixemos a
historia de María Soliña, vítima en Cangas da cruel tortura da
Inquisición, como miles de mulleres en Europa que foron obxectivo da
caza de bruxas que a Igrexa e as oligarquías emprenderon para
controlar ás mulleres con poder. No momento da súa acusación, tiña
70 anos e non sobreviviu ao martirio e os nobres que a denunciaron
repartíronse as súas posesións co Santo Oficio en pleno declive
económico da vila tralo ataque dos corsarios turcos. A encargada do
faladoiro sobre a súa figura, Guillermina Domínguez, é licenciada
en Filosofía e Letras na especialidade de Historia e, dentro desta,
na etapa medieval. Exerceu como profesora durante 45 anos e entre as
súas publicacións e traballos figura Tres mulleres de armas
tomar coa historia de María Balteira, María Castaña e María
Soliña.