Mario Kart 8 supera os 2 millóns de unidades vendidas nun mes

venres, 27 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Nintendo ten depositada moita confianza no seu xogo Mario Kart 8 para Wii U, que non só está considerado como o principal reclamo para adquirir a última consola doméstica da compañía nipoa, senón que tamén está a confirmarse como o seu auténtico super-vendas, como veñen de confirmar dende o 74º Xunta Xeral Anual de Accionistas de Nintendo, onde anunciaron que no seu primeiro mes o xogo conseguiu superar os 2 millóns de copias vendidas.
Temos así que a promoción que permite aos usuarios que rexistrasen en liña o xogo antes do 31 de xullo poidan descargar de balde un xogo de Wii U a elixir entre NintendoLand, Super Mario Bros. U, GAME & WARIO, Pikmin 3, The Legend of Zelda: Teh Wind Waker HD,Sonic Lost World¸ Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos de Invierno – Sochi 2014, Wii Party U, Monster Hunter 3 Ultimate e The Wonderful 101 podería non ter sido precisa, xa que o pulo da franquía de Mario Kart e as magníficas críticas do xogo por parte dos medios especializados e de moitos usuarios fixeron de Mario Kart 8 un título imprescindible para calquera posuidor dunha Wii U.

Mario Kart 8 supón a estrea da franquía na alta definición

PUBLICIDADE