Mario Kart Tour deixará de funcionar en setembro
mércores, 8 de xullo do 2026
O xogo móbil Mario Kart Tour, que pretendía trasladar o éxito dos xogos de carreiras de Mario das consolas aos dispositivos móbiles, non conseguiu uns resultados á altura dos que pretendía Nintendo, polo que a finais de 2023 deixaron de engadirlle contido novo e agora, este xogo estreado hai 7 anos anuncia o remate do seu servizo.
A fin do servizo de Mario Kart Tour supón que a partir do vindeiro 30 de setembro o xogo dirá adeus e, en previsión diso, suspenden a posibilidade de realizar novas subscricións ao pase dourado do xogo e ás súas renovacións. Iso si, quen neste momento teña activa unha subscrición, poderá gozar da mesma sen cargo adicional ata a fin do servizo, mentres que os usuarios que xa teñan a subscrición caducada poderán gozar dos beneficios do xogo de balde a partir do 8 de agosto, no que deron en chamar tempada de vacacións, coa que queren agradecer a confianza aos que gozaron do xogo todo este tempo.

- Calendario dos beneficios do pase dourado de cara ao cesamento do servizo de Mario Kart Tour
