Mario Kart Tour terá unha pista madrileña

venres, 18 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Os seareiros dos xogos de carreiras de Mario que queren gozar dos mesmos en mobilidade sen ter que cargar cunha Nintendo Switch poden dende 2019 gozar de Mario Kart Tour, xogo para iOS e Android, que podemos descargar de balde (aínda que conta con compras dentro da aplicación) e que na súa última actualización, a Tempada de Verán, inclúe unha pista ambientada en Madrid.
Deste xeito temos como, aparte de visitar New York, Amsterdam, París ou Berlín, tamén poderemos competir polo medio da cidade de Madrid, contemplando curiosas representacións da Praza Maior ou do Parque do Retiro, sendo bastante curioso que, aparte de ver a Porta de Alcalá ou as entradas do Metro, tamén haxa establecementos para comer churros ou incluso un tablao flamenco.
O lanzamento da nova tempada de verán será o vindeiro día 23, e podemos facernos unha idea de como será no seu novo tráiler.

Tráiler da tempada de verán de Mario Kart Tour