Mario Tennis chegará á Wii o 6 de marzo
xoves, 22 de xaneiro do 2009
O relanzamento de
clásicos xogos de GameCube aproveitando o éxito da Wii suscitou certa polémica
ante a posibilidade de que chegasen a custar máis que os da Wii, e finalmente
Nintendo confirma que van ter un prezo inferior, de xeito que Pikmin e Mario Tennnis
poderanse adquirir por 29,95 euros a partir dos dÃas 6 de
febreiro de 6 de marzo respectivamente.
O anuncio é especialmente importante porque a adaptación do Mario
Tennis para a Wii está a liderar as vendas de
videoxogos no Xapón, o que deixa claro que é todo un acerto a
revisión deste tÃtulo carismático, adaptándoo ao sistema de control da Wii
(dentro da liña de xogos New Play Control).
Podemos lembrar que Mario xa contou con xogos de fútbol e golf, aÃnda que o
tenis é posiblemente o deporte que mellor se vexa na Wii polo uso intuitivo que
se pode dar do mando, que emula de xeito doado o uso dunha raqueta.
Nintendo prometeu lanzar un xogo de GameCube adaptado á Wii cada mes, e aparte
dos 2 mencionados anteriormente, parece que tamén sairá o Donkey Kong: Jungle Beat (que deu lugar á saga Donkey Konga).
Trailer xaponés do xogo