Mario e os Rabbids unen forzas nun xogo para Nintendo Switch
martes, 13 de xuño do 2017
Durante o E3 Ubisoft confirmou un xogo que xa se tiña
filtrado nos últimos meses, e que mesturarÃa as franquÃas dos Rabbids coa de
Super Mario, Mario
+ Rabbids Kingdom Battle, que sitúanos no Reino Champiñón despois de
que un misterioso vórtice o puxese do revés e trouxese aos Rabbids para unir
forzas con Mario, Luigi, Yoshi e a Princesa Peach para devolver o mundo ao seu
estado orixinal.
Este xogo que chegará a Nintendo Switch o 29 de agosto a un prezo de 59,99
euros (na súa edición estándar, estando tamén dispoñible unha edición para
coleccionistas que inclúe a banda sonora, 12 naipes e unha figura de 16,5
centÃmetros dun Rabbid vestido de Mario) convidaranos a solucionar numerosos
quebracabezas nunha aventura na que derrotar a inimigos impredicibles en
combates por quendas e afrontar retos cooperativos.
En Mario + Rabbids Kingdom Battle
contaremos con 8 personaxes (4 de Mario e 4 Rabbids) con cadansúa personalidade
dos que podemos controlar a un equipo de 3 para superar os desafÃos máis
explosivos coa grande vantaxe de poder gozar do xogo tanto no televisor como en
mobilidade.
Tráiler de Mario + Rabbids Kingdom Battle estreado no E3
