Mark of the Ninja saltará ao PC en outubro
luns, 24 de setembro do 2012
A
primeiros de mes chegou
o Bazar de Xbox LIVE o xogo descargable Mark
of the Ninja, que colocábanos na pel dun poderoso pero fráxil ninja que
ten que facer grande uso do sixilo e da escuridade para derrotar aos seus
inimigos, pero este tÃtulo de Klei Entertainment non estará limitado só a
usuarios da Xbox 360, senón que a
partir do 16 de outubro tamén poderá adquirirse para PC a través de Steam a
un prezo 14,99 dólares (11,59 euros).
A nova versión do xogo estará adaptada para poder empregarse con teclado e
rato, asà como cun mando tradicional, e o seu xefe de deseño, Nels
Anderson, asegurou que será unha versión completa do xogo e non unha simple
adaptación a outra plataforma.
VÃdeo no que se anuncia o lanzamento do xogo para PC en Steam