Marta López Castro e Estela Lucas Cabral, do IES Primeiro de Marzo de Baiona, gañan o VIII Premio Stephen Hawking
venres, 17 de abril do 2026
O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e co apoio de empresas e entidades como FINSA, Ternera Gallega ou Feiraco, vén de celebrar o acto entrega do VIII Premio Stephen Hawking, galardón ao que aspiraban 58 proxectos procedentes de 13 institutos de galegos e catro de fóra de Galicia (Soria, Tudela, Madrid e Barcelona).
A física Mar Capeáns Garrido (Santiago de Compostela, 1967), directora de operacións do CERN, foi a coordinadora desta oitava edición do galardón, que se desenvolveu baixo o lema Construíndo futuros.
O certame conta cun premio ao mellor traballo de investigación, escollido entre os primeiros premios dos catro apartados nos que se divide o Premio: Ciencias Experimentais, Humanidades, Ciencias da Saúde e Matemáticas-Ciencias da Computación. Á entrega do premio asistiron a reitora da Universidade de Santiago, Rosa Crujeiras, e a directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández.
O gañador ao mellor traballo de investigación desta oitava edición do Premio Stephen Hawking foi para Marta López Castro e Estela Lucas Cabral, do IES Primeiro de Marzo Baiona, polo traballo Evolución do espazo natural da foz (Baiona-Gondomar-Nigrán) 1946-2025. Este proxecto acadou tamén o primeiro premio no ámbito de Ciencias Sociais, Humanidades e Artes e estivo coordinado polo docente Marcos Lago Álvarez.
O primeiro premio no ámbito de Ciencias da Saúde recaeu no proxecto titulado ¿Cómo influye la concentración de iones de calcio del medio extracelular en la fuerza de las sinapsis entre neuraonas del CA1 del hipocampo?, de Martina Lauriola Caride, do IES Ramiro de Maeztu de Madrid. Coordinou este proxecto a profesora Alicia Martínez Burgos.
O primeiro premio no eido das ciencias experimentais foi para o traballo Estudio comparativo del efecto del contenido de Sr(X=0,15 Y X=025) en La₂₋ₓSrₓCuO₄ despositada sobre Ni en medio alcalino (KOH) mediante Voltametría Cíclica y barridos lineales (LSV) con electrodo de disco rotatorio. Este traballo asínao Mateo Rodríguez Ardao, alumno do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, e estivo coordinado polo profesor Enrique Cao Rodríguez.
Por último, o primeiro premio no ámbito de Matemáticas e Ciencias da Computación levouno o traballo Modelización del trazado de curvas cerradas en el plano complejo con series de Fourier, asinado polo alumno do Rosalía de Castro Pablo París Martínez. A coordinación recaeu no docente José Antonio Montoto Montoto.
Ademais, o xurado presidido por Mar Capeáns Garrido e conformado por investigadores, investigadoras e docentes, decidiu conceder as seguintes mencións de honra:
-Big Data en economía. Realizado por: Pedro Rey Blanco, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro. Coordinado por: Manuel Fandiño Castro.
-Discursos mediáticos frente a la invasión rusa de Ucrania: análisis comparativo de las narrativas principales. Realizado por Miguel Díaz Esperón, do IES María Casares (Oleiros). Coordinado por: Manuel Pousa Castelo.
-De la Rodilla a las arterias: un programa inflamatorio-angiogénico compartido. Realizado por Bianca Caamaño, Lucía Corgo e Verónica Fernández, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña). Coordinado por: María Jesús Mourazos.
-Analogías entre los virus informáticos e las enfermedades virales, realizado por Xianna González Pinheiro, Uxía Martínez Domínguez e Lucía Sáenz González, do IES Otero Pedrayo (Ourense), coordinado por Carlos Ferreiro García.
-Análisis de la propagación de virus informáticos a través del modelo SIRA, realizado por María Blanco Iglesias do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, coordinado por María Ermitas Pintos Testa.
-Análise integrada da estrutura trófica e impacto antrópico no esteiro da Foz da Ramallosa mediante isótopos estables de carbono e nitróxeno, de Carmen Seijas Diz do IES Val Miñor (Nigrán), coordinado por Juan Hermida Lago.
-Produción de bioplásticos a partir de aguas residuales. Realizado por Irene González Requeijo e Roberto López Meizoso do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, coordinado por Sandra Vázquez Dorado.
-Luz que oculta las estrellas. Realizado por Sofía Aragonés Lafuente, Izarbe Sanz Calderón, Mª Victoria Jiménez Martínez do IES Castilla (Soria), coordinado por Silvia Sacristán Benito.
-Como faceta a introdución de nanotubos de carbono a un sistema polimérico dende o punto de vista da súa cinética de creación? Realizado por Paula Gómez Barreal do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), coordinado por Francisco López Fraga.
-Avaliación da seguridade química dos envases alimentarios de base biolóxica ou biodegradables. Realizado por Iria Castro Méndez, Mercedes Couceiro Martín, Nerea Romero Neo, Sabela Viturro García, do IES de Brión, coordinado por Juan Carlos Freiría Tato.
Centros participantes
Dos 58 traballos presentados, 16 corresponderon as área de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais; outros 15 pertencían aos ámbitos da Física e Química; 11 circunscribíanse ao eido das Matemáticas e mais das Ciencias das Computacións; e as 16 restantes, estaban vencellados ás Ciencias Sociais, Humanidades e Artes.
Os centros que concorren nesta oitava edición son os seguintes: IES Rosalía de Castro (Santiago), IES Xelmírez II (Santiago), IES Brión (Brión), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES As Barxas (Moaña), IES Otero Pedrayo (Ourense), IES Primeiro de Marzo (Baiona), IES Val Miñor (Nigrán), IES Lucus Augusti (Lugo), IES A Pinguela (Monforte de Lemos), IES María Casares (Oleiros), IES Punta Candeira (Cedeira), IES Castilla (Soria), IES Ramiro de Maetzu (Madrid), St Peter’s School (Barcelona) e o IES Valle del Ebro (Tudela).
