Marvel Run Jump Smash! estréase nas tendas de descargas móbiles

martes, 11 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

No outono Marvel anunciou que estaba a preparar un runner con moitos dos seus personaxes máis populares, como Hulk, o Capitán América e Iron Man, que finalmente xa está dispoñible na App Store por 0,89 euros e en Google Play por 0,75 euros.
Marvel Run Jump Smash! permítenos voar como Iron Man, aplastar como Hulk, correr e saltar como o Capitán América, disparar como a Viuda Negra, balancearte como Spider-Man, disparar frechas como Hawkeye, descargar o poder do trono como Thor ou lanzar o estalido binario da Capitana Marvel, mentres se esquivan os obstáculos e faise fronte a malvados como Loki para avanzar o máximo posible.
Para conseguir unha maior puntuación pode mudarse de personaxe e activar cadanseu ataque especial. Coas moedas que se van recollendo durante as partidas poderán mercarse poderes especiais para mellorar a distancia e a puntuación.

Aínda que o xogo partía cos personaxes da película cinematográfica de Los Vengadores, foi incorporando personaxes como Spider-Man e a Capitana Marvel
Os ataques especiais de cada personaxe permitirannos mellorar a nosa puntuación no xogo

PUBLICIDADE