Marvel Super Heroes 3D achega as 3D á Wii en televisores normais

venres, 10 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Mentres as consolas de alta definición contan con xogos adaptados a televisores 3D, para a Wii aparece Marvel Super Heroes 3D: Grandmaster’s Challenge, un xogo para cativos que inclúe 5 máscaras dos personaxes Spider-Man, Iron Man, Capitán América, Thor e Lobezno con lentes de cores azul e vermello para poder ver o xogo nun televisor ordinario valéndose dun modo de xogo que presenta os gráficos coma anaglifos, o que non dá unha calidade moi boa, pero resulta un orixinal complemento para este título de Bigben Interactive no que os heroes de Marvel deberán superar os retos impostos polo Gran Mestre, cunha mecánica de xogo moi sinxela para que os pícaros poidan pasar bos momentos gozando da experiencia de meterse na pel dos seus superheroes favoritos.


Trailer do xogo de Bigben Interactive

PUBLICIDADE