Marvel’s Spider-Man: Miles Morales chegará en breve a PC
luns, 26 de setembro do 2022
En agosto o aclamado Marvel’s Spider-Man de Insomiac
Games deu
o salto de consolas PlayStation a PC, nunha versión remasterizada
que tira proveito da potencia gráfica dos ordenadores persoais e de configuracións
de monitor que van máis aló da proporción 16:9. Este lanzamento foi moi ben
acollido, converténdose na que podemos considerar a versión definitiva do xogo,
de aà que haxa bastante expectación polo seu spin-off, que como
principal cambio tiña un cambio de protagonista (de Peter Parker a Miles
Morales).
AÃnda que a data de lanzamento de Marvel’s Spider-Man: Miles Morales para
PC non se concretou totalmente, veñen de estrear un vÃdeo de adianto dando
conta de que o xogo chegará este mesmo outono, e incorporando a
súa ficha en Steam e na
tenda de Epic Games para que os interesados poidan engadilos ás súas
listaxes de desexos.
O xogo, que foi un dos grandes reclamos no lanzamento da PlayStation 5, preséntanos
a Miles Morales, un novo Spider-Man con poderes lixeiramente diferentes dos de
Peter Parker (como poder lanzar ataques bioeléctricos e poder camuflarse). Temos
unha nova oportunidade para explorar a cidade de New York mentres Morales
evoluciona como heroe, tendo que equilibrar a súa vida persoal coa loita contra
o crime, conflito que en poucas semanas poderemos ver na pantalla dos nosos
ordenadores persoais.
VÃdeo de adianto da versión para PC de Marvel’s Spider-Man: Miles Morales