Marvel vs Capcom 3 chegará no primeiro trimestre de 2011

martes, 21 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Aínda que a tempada de Nadal é o período no que as vendas de videoxogos son máis fortes, Capcom acadou grande éxito ao lanzar títulos coma Street Fighter IV e Resident Evil 5 no mes de febreiro, e agora anuncian que van repetir estratexia con Marvel vs Capcom 3, título de loita con máis de 30 personaxes coñecidos do cómic e dos videoxogos que chegará ao mercado no primeiro trimestre de 2011, segundo un informe publicado na páxina web xaponesa de Capcom.
Co gallo da celebración do Tokyo Game Show tamén puidemos coñecer máis detalles do xogo, como son a aparición de novos personaxes como a mutante X-23 (X-Men), a carismática Tron Bonner (MegaMan), o malvado Wesker (Resident Evil) e o agardado Spider-Man, de xeito que cada vez quedan menos loitadores por anunciar para pechar o cadro de personaxes deste título para PlayStation 3 e Xbox 360.


Vídeo de presentación de X-23 no xogo


Wesker é un dos novos loitadores confirmardos en Marvel vs Capcom 3


Pese aos rumores sobre a súa ausencia (por mor da súa aparición noutros xogos e un hipotético prezo elevado polos seus dereitos) finalmente Spider-Man confirma a súa presenza no xogo de loita máis agardado dos últimos 2 anos

PUBLICIDADE