MásMóvil quere externalizar a súa rede de fibra
venres, 15 de outubro do 2021
- Meinrad Spenger é o fundador e conselleiro delegado de MásMóvil
O diario Expansión publica en exclusiva que o operador de
telecomunicacións MásMóvil, actual propietario da compañÃa de cable R, está
a principiar o proceso para segregar da súa compañÃa a rede de Euskaltel
que chega a 1,1 millóns de fogares de Galicia, Asturias e PaÃs Vasco, para o
que crearán unha nova sociedade da que serÃan propietarios ao 49%, permitindo que
a participación maioritaria sexa dun investidor, existindo xa varias compañÃas
interesadas en controla a nova empresa (como OnivÃa, Lyntia e InfravÃa).
Esta operación suporÃa que a modernización da actual rede de Euskaltel (para
que todos os clientes rematen tendo acceso a través de FTTH) non recaerÃa nas
arcas de MásMóvil, á vez que inxectarÃa capital para poder reducir a súa
elevada débeda provocada pola adquisición de varios operadores nos últimos
anos.
Coméntase que a compañÃa que pasarÃa a ser responsable da rede de Euskaltel
chamarÃase FiberCo, pola que pedirÃan 500 millóns de euros aos que haberÃa que
engadir 100 millóns de euros para a modernización da rede de fibra, e MásMóvil
recomprarÃa o 49% das accións por 150 millóns de euros, de xeito que a
operación reportarÃalle 450 millóns de euros.