MasOrange probará en Valladolid a conectividade móbil vÃa satélite de Starlink
luns, 2 de febreiro do 2026
MasOrange e Starlink iniciarán en España unha proba piloto dun novo servizo de conectividade móbil vÃa satélite coñecido como Direct to Cell, unha tecnoloxÃa que permite que os teléfonos móbiles se comuniquen directamente cos satélites sen necesidade de antenas terrestres intermedias. O proxecto desenvolverase na provincia de Valladolid e converterase na primeira experiencia deste tipo no Estado.
O piloto foi autorizado pola SecretarÃa de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais e empregarase parte do espectro radioeléctrico asignado a MasOrange. Segundo a información facilitada polas compañÃas, a iniciativa ten como obxectivo avaliar a viabilidade técnica dun sistema pensado para complementar a cobertura móbil convencional en zonas onde esta é limitada ou inexistente.
A tecnoloxÃa Direct to Cell baséase nunha constelación de satélites en órbita baixa que funcionan como estacións base no espazo. Estes satélites manteñen conexión entre si mediante enlaces láser e permiten que os dispositivos móbiles cambien automaticamente da rede terrestre á satelital cando se perde a cobertura convencional, sen intervención por parte do usuario. Durante a fase piloto, o servizo permitirÃa o acceso a datos para aplicacións básicas, asà como o envÃo e recepción de mensaxes SMS e MMS.
Desde MasOrange sinalan que esta solución non substitúe a rede móbil terrestre, senón que actúa como un complemento en contornas rurais, áreas de montaña ou zonas costeiras nas que a cobertura resulta insuficiente.
Starlink Direct to Cell xa está operativo noutros paÃses como Estados Unidos, Xapón, Australia, Canadá ou o Reino Unido, e dispón dunha constelación de máis de 650 satélites preparados para ofrecer servizos de datos, voz e mensaxerÃa en mobilidade. Os satélites están deseñados para funcionar con teléfonos LTE convencionais, sempre que teñan visión directa do ceo.
Polo momento MasOrange non detallou nin o calendario de posibles despregaduras comerciais nin as condicións nas que este tipo de conectividade poderÃa chegar ao conxunto dos usuarios. A experiencia de Valladolid servirá como banco de probas para avaliar tanto o rendemento técnico como a integración do servizo coa rede móbil existente antes de calquera decisión sobre a súa extensión a outras zonas do territorio.
